Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 27077

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 20 de maio de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 188, do 16 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro de 2019),

ACORDOU:

De conformidade co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 13 de xuño de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo con tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Serán de obrigado cumprimento as normas COVID para o desenvolvemento das probas dun proceso selectivo establecidas no protocolo de actuacións para a celebración de probas dos procesos selectivos das OPE da Administración autonómica de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2021

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal