Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de maio de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/16/265.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notifícase ás persoas sinaladas no anexo o intento de mutuo acordo do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de fomento da mobilidade sustentable. Senda na PO-551. Treito: Bagüin-Seixo, p.q. 2+900-3+700, de clave PO/16/265.06, no concello de Marin, porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido practicar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer neste servizo, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, e coñecer o contido íntegro do intento de mutuo acordo. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia de esta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 14 de maio de 2021

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

7

36026A03101160

Cerqueira Quiroga, Manuel (herdeiros de)

8

36026A03101201

Crespo Dios, María del Carmen e outro

9

36026A03101202

En investigación, artigo 47-Lei 33/2003

17

36026A03100428

Quiroga Dopazo, Encarnación (herdeiros de)

19

23

36026A03100423

36026A03100414

Crespo Fontanes, Flora (herdeiros de)

21

36026A03100416

Fariña Vidal, Hermosinda

27

36026A03101184

Blanco Pardavila, Josefa (herdeiros de)

34

36026A03100551

González S-S, Clementina e María