Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27464

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 (código de procedemento PL500E).

BDNS (Identif.): 567073.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 (código de procedemento PL500E).

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 280.800,72 €. Dos que 270.344,16 € se destinarán ao pagamento das bolsas dos lectores e 10.456,56 € á liquidación da cota patronal á Seguridade Social.

O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:

1.123,96 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas

1.277,12 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade