Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27584

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia (exercicio 2021).

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que nos seus fins se inclúe o fomento da actividade física e do deporte base e de alta competición en Galicia, pon en marcha a XII edición do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia (exercicio 2021).

A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio en que a convidará para a presentación da solicitude de patrocinio e xuntará o texto do plan de patrocinio.

A entidade invitada a tomar parte no procedemento PR960A presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Na Guía de procedementos e servizos habilitarase unha ligazón co código PR960A.

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 7 días naturais contado dende a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente á sinalada será causa de rexeitamento ou exclusión.

As bases poderanse consultar na ligazón https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/plan-patrocinio-equipos-alta-competicion-galicia-2021

Teléfono 881 99 63 77.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego