Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27583

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do PEI-9 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, en Baltar-Adina, tramitado por instancia da sociedade Gestilar Islas Briñas, S.L. (expediente 2019007955).

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria do día 29 de marzo de 2021, acordou prestar aprobación inicial ao Plan especial de reforma interior do PEI-9 do PXOM de Sanxenxo, en Baltar-Adina, tramitado por instancia da sociedade Gestilar Islas Briñas, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente á información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse na sede electrónica do Concello de Sanxenxo (http://sede.sanxenxo.es), en «Verificar documentos», introducindo o seguinte CSV: 3GGQ0M3RXR8447P6.

Sanxenxo, 20 de abril de 2021

Telmo Martín González
Alcalde presidente