Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27582

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Intentada a notificación do acordo do concelleiro delegado de Medio Ambiente, e ao non resultar posible a súa práctica efectiva, ou ao ignorarse o lugar da notificación dos/das seguintes interesados/as, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, notifícase o seguinte mediante a publicación no BOE, DOG e no taboleiro de anuncios do concello:

Acto que se vai notificar

Propietario

Parcela catastral

Acordo de resolución de expediente de eliminación de arboredo e malezas nun terreo sito nas Fraguiñas-Fornelos (Res. do 7.4.2021)

Descoñecido

Pol. 12, parcela 525

Requírense os propietarios para que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, procedan á xestión da biomasa na parcela indicada, de conformidade cos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007, ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, reiterables ata lograr a execución do ordenado. Todo iso sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

O texto íntegro do documento e o resto dos trámites do expediente poderán ser consultados, por comparecencia do interesado, no Departamento de Secretaría do Concello de Salvaterra de Miño para o seu coñecemento.

Salvaterra de Miño, 8 de abril de 2021

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa