Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27495

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 503/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 503/2020 deste xulgado do social se ditou sentenza, contra a cal se pode interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na Secretaría do órgano xudicial.

E para que sirva de notificación na forma legal a Pronored, S.L. e Confica Soluciones Integrales, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza