Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27496

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (815/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ángela María Rivas Vila contra Zebra Limpieza, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co nº de procedemento ordinario 815/2018, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Zebra Limpieza, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 14/7/2021, ás 11:20 horas, na planta 4, sala 9, Edif. Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Así mesmo, acordouse citalo para a súa asistencia ao acto do xuízo, co fin de practicar, de ser o caso, a proba de interrogatorio de parte solicitada polo demandante, con apercibimento que, de non comparecer e ser admitida a proba proposta, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Zebra Limpieza, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 5 de maio de 2021

O letrado da Administración de xustiza