Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27909

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 63/2021).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 63/2021 deste xulgado do social, se ditaron as resolucións que se citan, cuxo texto íntegro está á disposición do interesado na sede do xulgado:

Auto e decreto do 11.5.2021. Contra o auto poderá interpoñerse recurso de reposición e contra o decreto recurso directo de revisión, ambos os dous no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 3599 0000 64 0063 21 da entidade Banco Santander, S.A.

E para que sirva de notificación en legal forma a Aplicaciones Nela, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de maio de 2021

O letrado da Administración de xustiza