Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27910

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 65/2021).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 65/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Romero Mosquera contra Industrias Casal, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2021

Parte dispositiva

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza nº 12/2021, do 28 de xaneiro de 2021, ditada no procedemento ordinario 561/2018 a favor da parte executante, Manuel Romero Mosquera, fronte a Industrias Casal, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 47.473,24 euros en concepto de principal (19.147,50 euros en concepto de indemnización, 1.479,36 euros en concepto de xuros do artigo 1.108 do Código civil sobre a cantidade anterior, 21.343,78 euros en concepto de salarios, diferenzas salariais e complemento de IT, 5.502,60 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a cantidade anterior), máis outros 4.747,32 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: Paloma Recalde Álvarez.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2021

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Industrias Casal, S.L., dar audiencia previa á parte demandante, Manuel Romero Mosquera, e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Casal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza