Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27655

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 25 de maio de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

En virtude da Resolución do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 109, do 5 de xuño) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro).

DISPÓN:

Primeiro. Incluír na relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da inclusión

***7926**

Rama del Río, María

Perda do dereito ao acceso pola cota específica da base I.1.1

Queda excluída a persoa anteriormente indicada, da relación definitiva de aspirantes admitidos pola cota específica da base I.1.1 ao dito proceso selectivo.

Segundo. Incluír na relación definitiva de aspirantes excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, as seguintes persoas aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da inclusión

***7996**

Blas Freire, Mónica

43 (desistencia da solicitude)

***6111**

Carreiras Souto, María Montserrat

43 (desistencia da solicitude)

***5922**

Estévez Montoto, Sara

43 (desistencia da solicitude)

***3315**

Francos Gendra, Vanesa

43 (desistencia da solicitude)

***4807**

Gil Rodríguez, Manuel

43 (desistencia da solicitude)

***5938**

Rey Rodríguez, María

43 (desistencia da solicitude)

***2317**

Vázquez Ferradas, María Luz

43 (desistencia da solicitude)

Quedan excluídas, as persoas anteriormente indicadas, da relación definitiva de aspirantes admitidos ao dito proceso selectivo.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública