Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27625

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 20 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do IV Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, e se convoca para o ano 2021 (código de procedemento CT143A).

BDNS (Identif.): 567614.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3 b) e 20.8 a) da Lei 38/2003, do 11 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Beneficiarias

Pode participar no Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, calquera persoa física, maior de idade, que presente un texto inédito en galego, relacionado con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.

Segundo. Obxecto e finalidade

Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 20 maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do IV Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, e se convoca para o ano 2020 (código de procedemento CT143A) (http://cgac.xunta.gal/).

Cuarto. Contía

Outorgarase un só premio por un importe de tres mil euros (3.000,00 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2021. Con todo, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes para partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade