Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27648

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se publica o anuncio da resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües para o curso 2021/22.

Co obxecto de estender o programa de plurilingüismo ás ensinanzas de formación profesional do sistema educativo para o curso 2021/22, a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional resolve anunciar:

Primeiro

Que nas páxinas web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade www.edu.xunta.gal e www.edu.xunta.es/fp estará dispoñible a regulación e a convocatoria de incorporación de centros para participar nos ciclos formativos plurilingües para o curso 2021/22.

Segundo

Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 25 de xuño de 2021.

Terceiro

Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional