Co obxecto de facilitar a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües, a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, resolve anunciar:
Primeiro
Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación da xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.
Segundo
Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de xuño de 2021 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro
Que os centros que desexen participar nesta convocatoria deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021
José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional