Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 28011

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Sanxenxo para desenvolver a facultade de liquidación previa á primeira matriculación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de abril de 2021, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Sanxenxo por acordo do Pleno na sesión do 29 de marzo de 2021 para engadir expresamente dentro da competencia xa delegada de xestión do imposto sobre vehículos de tracción mecánica efectuada por Acordo plenario do 25 de setembro de 1992, a facultade de liquidación previa á primeira matriculación.

A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 12 de maio de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

Carlos López Font

P.D. (R.P. nº 2019012988, do 15.7.2019)

Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra