Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 28010

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Tomiño para desenvolver a facultade de liquidación previa á primeira matriculación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de abril de 2021, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Tomiño por acordo do Pleno na sesión do 8 de marzo de 2021 para engadir expresamente dentro da competencia xa delegada de xestión do imposto sobre vehículos de tracción mecánica efectuada por acordo plenario do 18 de outubro de 1995 a facultade de liquidación previa á primeira matriculación.

A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 4 de maio de 2021

A presidenta da Deputación
Provincial de Pontevedra

P.D. (R.P. 2019012988, do 15.7.2019)

Carlos López Font

Deputado delegado da Área de Economía, Facenda e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra