Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 28008

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO das bases xerais e das convocatorias e bases específicas dos procesos selectivos correspondentes ás ofertas de emprego dos anos 2017 e 2019.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo número 101, do 6 de maio de 2021, publícanse as bases xerais que regulan os procesos selectivos que convoque a Deputación Provincial de Lugo para cubrir prazas vacantes do cadro de persoal funcionario ou laboral fixo incluídas nas ofertas de emprego público, acceso libre (cota xeral e cota discapacitados).

No mesmo BOP publícanse as convocatorias e as bases específicas dos procesos selectivos para o ingreso ás prazas que a continuación se relacionan, incluídas nas ofertas de emprego da Deputación Provincial de Lugo dos anos 2017 e 2019:

Número de vacantes: unha (1). Denominación: enxeñeiro/a industrial superior, escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores. Sistema de provisión: concurso-oposición. Acceso libre. Grupo A-subgrupo A1.

Número de vacantes: unha (1). Denominación: enxeñeiro/a técnico/a topógrafo/a, escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos medios. Sistema de provisión: concurso-oposición. Acceso libre. Grupo A-subgrupo A2.

Número de vacantes: tres (3). Denominación: técnico/a superior informática (FP), escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos auxiliares. Sistema de provisión: concurso-oposición. Acceso libre. Grupo B.

Presentación de solicitude (modelo base xeral 5.1): presentaranse no modelo oficial publicado no BOP de Lugo núm. 101, do 6 de maio de 2021 (páxinas 16 a 19), dispoñible en formato editable na páxina web corporativa da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.org (Emprego Público-RRHH/procesos selectivos/oferta de emprego). Tamén estará á disposición dos usuarios na sede electrónica no catálogo de servizos-RRHH.

Lugar de presentación (base xeral 5.2): no Rexistro Electrónico da Deputación Provincial, no Rexistro Xeral da entidade de forma presencial e en calquera outro lugar dos sinalados no artigo 16.4 da vixente Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo de presentación (base xeral 5.3): vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Documentación que se deberá achegar necesariamente coa solicitude (base xeral 5):

a) A titulación académica oficial exixida nas bases específicas da convocatoria correspondente.

b) O DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo de nacionalidade co alcance establecido no artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público.

c) O nivel de galego exixido nas bases específicas da convocatoria.

d) O xustificante de pagamento da taxa de participación en procedementos selectivos (base xeral 5.5).

Presentación das acreditacións dos méritos (base xeral 5.4). Os méritos deberán relacionarse na solicitude de participación pero non serán acreditados polas persoas aspirantes ata rematar a fase de oposición, segundo se sinala na base xeral 8.2.1.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria se publicarán no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na súa páxina web.

Lugo, 10 de maio de 2021

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 26.7.2019)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social