A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 29 de abril de 2021, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta para efectos da obtención dos terreos afectados pola segunda fase de ampliación dos equipamentos do Colexio Ramón Otero Predayo, segundo o proxecto expropiatorio redactado para o efecto.
O proxecto de expropiación sométese á información publica polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.
A Laracha, 6 de maio de 2021
José Manuel López Varela
Alcalde