A Xunta de Goberno Local do Concello de Meaño, en sesión ordinaria do 12 de abril de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«4º. Aprobación, se procede, do Plan especial de infraestruturas e dotacións Tanatorio Meaño (expediente 594/2019).
Vista a solicitude de inicio de avaliación ambiental estratéxica simplificada, presentada con data do 23 de abril de 2019, nº 2019-E-RE-176, por San Mauro Velatorios, S.L., para Plan especial de infraestruturas e dotacións para tanatorio no concello de Meaño.
Considerando que, con data do 20 de xaneiro de 2020, se recibe Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (expediente 219AAE2348) pola que se formula o informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para tanatorio no concello de Meaño, promovido por San Mauro Velatorios, S.L., e no cal se resolve “... non someter ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinario o Plan especial de infraestruturas e dotacións, tanatorio de Meaño”.
Vistos os informes emitidos pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Dirección Xeral de Mobilidade.
Considerando que, á vista dos ditos informes, con data do 1 de marzo de 2021, o promotor presenta no Rexistro do Concello de Meaño, nº 2021-E-RE-215, o documento correspondente ao Plan especial de infraestruturas de dotacións Tanatorio de Meaño, no cal se completa a documentación requirida.
Visto o Informe do 24 de novembro de 2020, do arquitecto municipal, e o informe elaborado para o efecto pola técnica de Xestión e a secretaria-interventora do Concello, con data do 9 de abril de 2021.
A Xunta de Goberno Local, en votación ordinaria, por unanimidade dos seus membros, acorda:
1º. Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións Tanatorio de Meaño, tramitado por instancia de San Mauro Velatorios, S.L., que incorpora as previsións recollidas no informe ambiental estratéxico polo órgano ambiental, cos informes sectoriais emitidos na fase de consultas, nos termos que constan no expediente.
O Plan especial de infraestruturas e dotacións Tanatorio de Meaño afecta unha parcela situada no lugar do Castro, parroquia de Dena, clasificada como solo rústico apto para urbanizar no PXOM do Concello de Meaño, coas seguintes referencias catastrais: 36027A030000530000MD, 36027A030000540000MX e 36027A030000550000MI.
2º. Abrir un período de información pública durante o prazo de dous meses mediante a publicación de anuncio no DOG e nun dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.
Durante o dito período quedará o expediente á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello https://concellodemeano.sedelectronica.gal/transparency
3º. Suspender o outorgamento das licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para áreas ou usos determinados na área afectada pola aprobación do Plan especial, e que afecta as parcelas catastrais 36027A030000530000MD, 36027A030000540000MX e 36027A030000550000MI, as cales foron obxecto de agrupación segundo escritura de agrupación de predios, outorgada ante o notario Jorge Eduardo da Cunha Rivas, o 19 de novembro de 2020, baixo o protocolo nº 1906.
Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a dita aprobación inicial, e extinguirase, en calquera caso, coa aprobación definitiva do plan. A suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.
4º. Notificarlles individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.
5º. Solicitarlles ás administracións afectadas pola súa competencia sectorial que emitan o correspondente informe para os efectos regulados na lexislación sectorial».
O que se fai público para que durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida á exposición pública estará ao dispor dos interesados na Secretaría-Intervención do Concello de Meaño e no seguinte enderezo web do Concello https://concellodemeano.sedelectrónica.gal/transparency/
Meaño, 30 de abril de 2021
Carlos Viéitez Fernández
Alcalde


