Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28130

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se aproba e se fai pública a modificación do formulario normalizado para a elaboración dos estudos de identificación e avaliación de series documentais.

Mediante a Resolución do 18 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Cultura, aprobáronse e fixéronse públicos os criterios de avaliación para a selección, transferencia da custodia e acceso aos documentos, así como o formulario normalizado para a elaboración dos estudos de identificación e avaliación de series documentais propostos polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na sesión do 15 de marzo de 2017, tendo en conta a regulación contida na Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, así como o Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, polo que se regula a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos.

Aínda que os criterios aprobados manteñen a súa vixencia, cómpre revisar certos aspectos formais do formulario normalizado que permitan incorporar a información relativa aos estudos de identificación e valoración dun modo máis ordenado e completo, de tal xeito que se facilite, tanto a elaboración do estudo como o seu ditame polo Consello de Avaliación Documental de Galicia.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Aprobar e facer pública a modificación do formulario normalizado para a elaboración dos estudos de identificación e avaliación de series documentais, logo de dar conta ao Consello de Avaliación Documental de Galicia na sesión do 23 de marzo de 2021.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

Anxo M. Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file