Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28308

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Aranga

ANUNCIO do convenio urbanístico de xestión e execución da modificación do Plan xeral de ordenación municipal SUBLE I3.

A Xunta de Goberno local do Concello de Aranga, en sesión do día 11 de maio de 2021, adoptou o acordo de tramitar o convenio urbanístico de xestión e execución da modificación do PXOM co obxecto da conversión en metálico do aproveitamento urbanístico que corresponde ao concello no proxecto de equidistribución do ámbito do SUBLE I3.

De conformidade co previsto no artigo 186 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento de desenvolvemento da lei, consonte o artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente poderá ser examinado na secretaria do Concello e na páxina web www.aranga.gal

Aranga, 12 de maio de 2021

Alberto Platas Álvarez
Alcalde