Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28309

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios/as de carreira.

A Concellaría delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante as resolucións do 13.4.2021, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– María Dolores Martínez Franco, con DNI ***3300**, para ocupar unha praza de traballadora social da escala de administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

– Lidia Isabel Presa García, con DNI ***7534**, para ocupar unha praza de administrativa da escala de administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

– Manuel Antonio Rozados Sánchez, con DNI ***2712**, para ocupar unha praza de policía da Policía local, da escala básica de administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de concurso, quenda de mobilidade horizontal.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo as propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren procedente consonte dereito.

Pontevedra, 6 de maio de 2021

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada da Área do Servizo de Persoal e Cultura