Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28559

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 86/2021, do 26 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV) na contorna de treitos de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-551, puntos quilométricos 21+100 a 23+000, de clave PO/17/148.06 nos concellos de Cangas e Moaña.

Antecedentes:

Primeiro. O 4 de febreiro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 24) o Anuncio do 22 de xaneiro de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública a separata do proxecto de construción Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV) na contorna de treitos de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-551, puntos quilométricos 21+100 a 23+000, de clave PO/17/148.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Despois da análise dos informes, alegacións e certificados presentados, o 20 de maio de 2021 apróbase o expediente de información pública e o proxecto de construción denominado Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV) na contorna de treitos de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-551, puntos quilométricos 21+100 a 23+000, de clave PO/17/148.06

O obxecto deste proxecto é a realización dunha serie de intervencións para mellorar a seguridade viaria no treito comprendido entre os puntos quilométricos 21+100 e 23+000 (identificado como TCA) da estrada PO-551, situados nos concellos de Cangas e Moaña, co fin de reducir e mesmo evitar dentro do posible a accidentalidade neste treito. Entre as actuacións por acometer atópanse a execución de beirarrúas e paradas de autobús, a ampliación da sección transversal da estrada, a modificación de enlaces, a execución de rotondas e a regulación das zonas destinadas a aparcadoiros.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de maio de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción denominado Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV) na contorna de treitos de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-551, puntos quilométricos 21+100 a 23+000, de clave PO/17/148.06.

Santiago de Compostela, vinte e seis de maio de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade