Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28695

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dun posto de traballo de xefatura de negociado do Servizo ORAL.

No Boletín Oficial da Provincia núm. 88, do 11 de maio de 2021, publicáronse as bases da convocatoria de provisión dun posto de traballo de xefatura de negociado do Servizo ORAL, polo sistema de concurso.

O prazo para presentar as solicitudes e demais documentación será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda e de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica da deputación e no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 14 de maio de 2021

A presidenta da Deputación
Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font

Deputado delegado de Réxime Interior,
Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra