Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28694

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira e creación de lista de agarda (axudante de servizos varios-auxiliar notificador).

Mediante Decreto da Alcaldía 1604/2021, do 4 de maio, acordouse:

«Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira, axudante de servizos varios-auxiliar notificador, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, grupo C, subgrupo C2, do Concello de Ames a Gonzalo Crego González, con NIF ***9431**, por ser o aspirante que acadou a maior puntuación no proceso selectivo, que deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes dende a publicación mo BOP da presente resolución.

(...)

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdición contencioso-administrativa».

Ames, 4 de maio do 2021

José Blas García Piñeiro
Alcalde