Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia ao requirimento de documentación no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia que se sinala no anexo.
O acto obxecto de notificación foi adoptado pola xefa da Sección do Rexistro de Demandantes de Vivenda da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro do acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00, horas de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 21 de maio de 2021
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Acto obxecto de notificación: requirimento de documentación Rexistro Demandantes.
Expediente/credencial |
DNI/NIE |
47666 |
X5010431L |
92710 |
48624130Z |
93785 |
32656805W |
94438 |
32722540A |
94681 |
32709915M |
94871 |
51077120P |
94898 |
47368965M |
95292 |
31643964N |
97047 |
44812936N |