De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a notificación do trámite de audiencia á persoa interesada sinalada no anexo, por medio do presente anuncio publicado no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. A eficacia do acto administrativo notificado producirase coa súa publicación no BOE. Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A solicitude de información pública relacionada atópase á disposición da persoa interesada na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, sita na Praza de Europa, 5 A, 4º, As Fontiñas, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o seu coñecemento íntegro.
De acordo cos artigos 19.3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, de acceso á información pública e bo goberno, e 27.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, á vista da solicitude de acceso ao procedemento de reintegro de axuda concedida no expediente PE 201B/2009/52-5 da que resultou beneficiaria Grovense de Mejillones, S.A., e considerando que a información solicitada pode afectar os seus dereitos ou intereses, concédeselle un prazo de quince (15) días para que poida presentar as alegacións e os documentos que considere oportunos.
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2021
Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
ANEXO
Interesada: Grovense de Mejillones, S.A. (Representante: Ricardo Muñiz Agis).
CIF: A36022408.
Último enderezo coñecido: lugar de Coviña do Mar Rons, 36980 O Grove.
Obxecto: trámite de audiencia no expediente de información pública solicitada por Eduardo Ponte Martínez en nome e representación de Abanca Corporación, División Inmobiliaria, S.L. sobre procedemento de reintegro de subvención en expediente PE 201B/2009/52-5.