Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de maio de 2021, da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifica a resolución pola que se declara a desistencia da solicitude de aprobación do proxecto construtivo do aproveitamento hidroeléctrico de Ponte Bora (expediente 3/273/14).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante LPACAP), notifícase ao titular do CIF A36191534, pertencente a Galaica de Energías Renovables, S.A., a resolución pola que se declara desistida da solicitude de aprobación do proxecto construtivo do aproveitamento hidroeléctrico de Ponte Bora, no río Lérez, concello e provincia de Pontevedra.

En cumprimento do artigo 46 da LPACAP, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 39 61 e 981 54 53 45.

Asemade, indícase que poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da LPACAP, sen prexuízo de que se poida exercer, de ser o caso, calquera outro que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2021

Roberto Arias Sánchez
Subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico