De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), faise pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2021 por esta sociedade.
Cerceda, 19 de maio de 2021
Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.
ANEXO
|
Título |
Obxecto |
Data de sinatura |
Achega económica da sociedade |
|
Convenio de cooperación entre Sogama e a Deputación Provincial de Ourense para completar a realización da II Campaña de compostaxe provincial doméstica na provincia de Ourense |
Constitúe o obxecto do convenio regular as condicións de financiamento para completar a II Campaña provincial de compostaxe doméstica e, por tanto, levar a cabo as actividades que quedaron pendentes de executar a causa da COVID-19: publicidade, formación dos participantes e seguimento da iniciativa |
3.2.2021 |
30.000 € IVE incluído |


