Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28899

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de publicación das bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de técnico de Administración local, mediante o procedemento de concurso-oposición.

Mediante decreto desta alcaldía do 11 de maio de 2021 resolveuse a aprobación das bases dun proceso selectivo para a cobertura dunha praza de técnico de Administración local do Concello de Brión, mediante o procedemento de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña, núm. 91, do 18 de maio de 2021.

Ademais, publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Brión.

Brión, 18 de maio de 2021

Pablo Lago Sanmartín
Alcalde