Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29106

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificanción de sentenza (DSP 112/2021).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 112/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra María Cervera Martínez contra a empresa Three Wise Monkeys, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Xulgado do Social número 1

(Reforzo bis)

A Coruña

Despedimento 112/2021

Sentenza

Na Coruña o 10 de maio de 2021

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social núm. 1 da Coruña, os presentes autos número 112/2021, sobre despedimento, seguidos por instancia de Sandra Cervera Martínez, asistida da letrada Sra. Santana Meijide, contra Three Wise Monkeys,

Resolvo:

Admitir a demanda interposta por Sandra Cervera Martínez, asistida da letrada Sra. Santana Meijide, contra Three Wise Monkeys e declarar a improcedencia do despedimento efectuada polo demandado con efectos do 21 de decembro de 2020 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 44,06 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 1.696,15 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Igualmente condénase a empresa demandada a lle aboar á demandante en concepto de liquidación o importe de 3.519,34 euros.

Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do prazo indicado.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación na forma legal a Three Wise Monkeys, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza