Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de maio de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Gandarela, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lourizán, da parroquia de Lourizán, no concello de Pontevedra.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 9 de xullo de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Pontevedra.

Parroquia: Lourizán.

Ref. catastral: 36900A013002830000QX.

Nome do monte: Gandarela.

Cabida: 2.764 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: rúa Camelias.

Sur: predio particular.

Leste: urbanización residencial de Ence e outros predios particulares.

Oeste: dominio público marítimo-terrestre.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 25 de maio de 2021

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra