Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de maio de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Charruas ou Coutada, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Liñares, da parroquia de Liñares, no concello das Neves.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 19 de agosto de 2020, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: As Neves.

Parroquia: Liñares.

Nome do monte: Charruas ou Coutada.

Cabida: 3.082 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36034A005012790000H.

Estremas:

Norte: camiño público, estrada PO-400.

Sur: camiño público.

Leste: Luciano Tiago Durán, María Luz Rodríguez Soto, Francisco José Rodríguez, María del Carmen González Soto, Victoriano Avalle Alcántara, Josefa Lira Alonso, Argimiro González Rocha, María Esther Souto Estévez e Pura Tielas Rodríguez.

Oeste: María del Carmen González Rocha.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 25 de maio de 2021

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Pontevedra