Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29406

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 56/2020).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 56/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Castro Lamas contra Kastiñeiriño de Hostelería, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Paloma Recalde Álvarez.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Kastiñeiriño de Hostelería co fin de que, no prazo de dez días, aboe a cantidade de 351,23 euros en concepto de principal (por diferenzas da prestación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo do período do 24 de abril de 2017 ao 12 de xuño de 2017, con base reguladora de 21,82 euros/día), máis outros 35,12 euros orzados provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0056 20), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Kastiñeiriño de Hostelería co fin de que, no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpoñer recurso de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 aberta en Banco Santander, S.A., e indicar, no campo Concepto, recurso seguido do código 31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación Recurso seguida de 31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Kastiñeiriño de Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza