Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29410

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 14/2021).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 14/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Álvarez Lomba contra Seguridad y Planificación Galicia, S.L., Montserrat Vale Santos e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto nº 14/2021.

Letrada da Administración de xustiza: Paloma Recalde Álvarez.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2021.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Seguridad y Planificación Galicia, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 864,06 (660,07 euros en concepto de principal máis outros 203,99 euros en concepto de xuros, conforme o disposto no artigo 29.3 do EC), máis outros 86,41 euros que se fixan provisionalmente en concepto provisional de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. e indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza