Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 18 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística de distribución denominada ampliación de rede e nova acometida de gas natural a UTE A Coruña Limpeza en MOP 16 bar, no concello da Coruña, promovido por Nedgia, S.A. (expediente IN627A 2021/3-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia, S.A., con CIF núm. A66560152, e con enderezo para efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o proxecto prevé a execución dunha acometida industrial en MOP 16 bar para subministrar gas natural a UTE A Coruña Limpeza, no Camiño da Grela ao Martinete, no concello da Coruña (A Coruña):

– Ampliación da rede de aceiro DN 4” en MOP 16 bar, cuxa conexión inicial se producirá dende a rede existente RAA-I015.1 en aceiro 12” no camiño da Grela ao Martinete, no concello da Coruña (A Coruña).

– Acometida de aceiro DN 2” en MOP 16 bar a UTE A Coruña Limpeza no mesmo concello.

– Instalacións auxiliares:

• Válvula de rede de DN 4”.

• Válvula de acometida de DN 2”.

• Sistema de protección catódica.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 18 49 38). Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

A Coruña, 18 de maio de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña