Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2021 polo Consello Reitor deste organismo, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2021 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que se detallan nos anexos desta resolución.
RESOLVO:
Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2021
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Bases
Primeira. Requisitos dos/das participantes
1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por nacemento para a nai biolóxica, adopción ou acollemento, permiso do proxenitor distinto da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Terceira. Solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.
3. Nas actividades impartidas na modalidade de telepresenza, a presentación da solicitude para participar nestas comportará o consentimento da persoa interesada para a gravación das sesións na plataforma de telepresenza. Esta gravación terá por único fin o de poder ser empregadas polo alumnado do curso como recurso formativo e para a resolución de posibles reclamacións.
Unicamente poderá acceder ás sesións o persoal docente e o alumnado do curso, así como persoal da EGAP autorizado cos fins previstos pola normativa vixente en materia de protección de datos.
As gravacións serán borradas unha vez que remate o curso coas únicas excepcións que estean previstas na normativa vixente en materia de protección de datos.
4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións das actividades presenciais ou telepresenciais. Cando a/o alumna/o teña coñecemento de que foi seleccionada/o para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionada/o debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e/ou telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un computador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán ademais cun manual de usuario na páxina web da EGAP na seguinte ligazón <https://egap.xunta.gal/formulariosrecursos> onde se indicará como acceder a esta plataforma de telepresenza e os compoñentes que o equipo necesita para un funcionamento básico da plataforma.
9. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (como, por exemplo, discapacidade) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.
10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
Cuarta. Comprobación de datos
1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios da EGAP.
Quinta. Criterios de selección
1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.
O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.
Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo).
2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpra os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.
Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado
1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación.
Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.
2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas
1. Os cambios ou as substitucións na selección:
En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.
2. A renuncia:
a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:
– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.
– Por razóns de conciliación familiar.
– Por outras causas xustificadas documentalmente.
b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.
Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
As persoas que incumpran o previsto nas letras a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:
3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:
a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.
b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.
c) As faltas de asistencia:
1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
3.2. Seguimento das actividades de teleformación e de telepresenza:
As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
Oitava. Superación da actividade formativa
Para poder superar as actividades formativas será necesario cumprir os seguintes requisitos:
a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: non superar a porcentaxe indicada no número 3.1.c), punto primeiro, e a superación dunha proba de avaliación que se realizará ao final delas.
b) Para as actividades de teleformación:
– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.
– A superación dunha proba de avaliación final.
Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.
Novena. Certificados
Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.
Décima. Facultades da EGAP
1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.
2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.
3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.
5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
Código |
Denominación |
Prazas |
Horas |
Cualificación |
Persoal destinatario |
Modalidade/localidade |
Datas e horario |
Data e hora do exame |
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa |
||||||||
FC21171 |
Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
30.9.2021 ao 25.10.2021 |
29.10.2021 16.30 h |
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades |
||||||||
FC21174 |
Coidado da saúde: actividade física e alimentación |
25 |
16 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial Santiago de Compostela |
9, 10, 16 e 17 de novembro das 16.30 ás 20.30 h |
17.11.2021 19.30 h |
FC21175 |
Exercicio físico saudable e estilos de vida activos |
20 |
12 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial Santiago de Compostela |
18 e 20 de outubro das 9.00 ás 15.00 h |
20.10.2021 14.00 h |
FC21196 |
Protocolo avanzado |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
6.10.2021 ao 26.10.2021 |
29.10.2021 17.00 h |
FC21197 |
Sistema de xestión de recursos humanos da Xunta de Galicia |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
15.9.2021 ao 4.10.2021 |
7.10.2021 17.00 h |
FC21198 |
Planificación e toma de decisións |
25 |
16 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Mixto Teleformación+ |
Teleformación: 4 h Telepresenza: 12 h |
28.10.2021 18.00 h |
FC21209 |
O acoso psicolóxico na contorna laboral |
24 |
12 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial Santiago de Compostela |
16, 23 e 24 novembro das 16.30 ás 20.30 h |
24.11.2021 19.30 h |
FC21211 |
Avaliación de políticas públicas |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
21.9.2021 ao 21.10.2021 |
27.10.2021 18.30 h |
FC21212 |
Destrezas persoais e xestión do cambio en situacións de crise |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
30.9.2021 ao 21.10.2021 |
26.10.2021 18.00 h |
FC21216 |
Ética pública, os códigos éticos e o código ético da Xunta de Galicia |
50 |
12 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
29.10.2021 ao 12.11.2021 |
17.11.2021 17.30 h |
Coñecementos transversais |
||||||||
FC21176 |
Boas prácticas ambientais nas administracións públicas |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
28.9.2021 a 28.10.2021 |
4.11.2021 17.00 h |
Lingua galega |
||||||||
FC21214 |
Actualización gramatical e ortográfica da lingua galega |
25 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Mixto Teleformación+ |
Teleformación: 18 h 13.10.2021 ao 2.11.2021 Telepresenza: 12 h |
4.11.2021 17.00 h |
Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas |
||||||||
FC21166 |
Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
14.9.2021 ao 7.10.2021 |
13.10.2021 17.00 h |
FC21167 |
Modificacións orzamentarias |
35 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Mixto Teleformación+ |
Teleformación: 14 h |
6.10.2021 17.00 h |
FC21169 |
Estrutura e composición de documentos de contido xurídico integrantes de expedientes administrativos |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
15.9.2021 ao 5.10.2021 |
8.10.2021 17.00 h |
FC21170 |
Os convenios de colaboración: elaboración e tramitación |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
26.10.2021 ao 15.11.2021 |
19.11.2021 17.00 h |
FC21172 |
A accesibilidade universal |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
25.10.2021 ao 19.11.2021 |
24.11.2021 18.00 h |
FC21173 |
Xestión de listas de contratación temporal. Novo sistema de citacións electrónicas |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
5.10.2021 ao 25.10.2021 |
29.10.2021 16.30 h |
FC21177 |
A selección do persoal empregado público e provisión de postos de traballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
23.9.2021 ao 14.10.2021 |
19.10.2021 18.00 h |
FC21195 |
Transparencia e acceso á información pública |
25 |
18 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial Santiago de Compostela |
15, 17, 18, 23, 24 e 25 de novembro das 16.30 ás 19.30 h |
25.11.2021 18.30 h |
FC21199 |
O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
28.9.2021 ao 22.10.2021 |
27.10.2021 17.00 h |
FC21210 |
A estrutura do emprego público e ordenación dos recursos humanos na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia: a elaboración da relación de postos de traballo (RPT) |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
14.10.2021 ao 3.11.2021 |
8.11.2021 19.00 h |
FC21213 |
A axilidade na contratación pública: contratación menor e procedemento aberto simplificado |
30 |
15 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial Santiago de Compostela |
25, 26 e 27 de outubro e 2 e 3 de novembro das 16.30 ás 19.30 h |
3.11.2021 18.30 h |
FC21215 |
Aspectos prácticos da Lei de subvencións de Galicia e o seu regulamento |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Mixto Teleformación+ |
Teleformación: 20 h 14.10.2021 ao 3.11.2021 |
8.11.2021 19.00 h |
FC21217 |
Execución de resolucións xudiciais e as súas repercusións económicas |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
3.11.2021 ao 23.11.2021 |
26.11.2021 16.30 h |
FC21218 |
Gasto público, sustentabilidade e control |
50 |
15 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
6.10.2021 ao 21.10.2021 |
27.10.2021 17.00 h |
FC21219 |
Nóminas e retribucións do persoal |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
25.10.2021 ao 18.11.2021 |
23.11.2021 16.30 h |
Presidencia da Xunta de Galicia: Secretaría Xeral para o Deporte |
||||||||
FC21168 |
Programas de actividade física saudable en centros de maiores dependentes da Xunta de Galicia |
25 |
15 |
Aproveitamento |
Directores/as de centros de servizos sociais, residencias de maiores, centros de día e fogares, dependentes da Xunta de Galicia. |
Presencial Santiago de Compostela |
14, 15 e 16 de setembro das 9.00 ás 14.00 h |
16.9.2021 13.00 h |
FC21220 |
Seguridade nas prácticas físico-deportivas no deporte de base |
24 |
10 |
Aproveitamento |
Técnicos/as deportivos/as municipais e da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. |
Presencial Santiago de Compostela |
22 de outubro das 9.00 ás14.00 e das 15.30 ás 20.30 h |
22.10.2021 19.30 h |
Vicepresidencia Primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo |
||||||||
FC21020 |
A contratación en liña de servizos turísticos |
30 |
8 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial Santiago de Compostela |
28 e 29 de setembro das 10.00 ás 14.00 h |
29.9.2021 13.00 h |
Vicepresidencia Primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo: Prevención de riscos laborais |
||||||||
FC21031 |
Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación |
25 |
12 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial A Coruña |
28 e 29 de outubro das 8.30 ás 14.30 h |
29.10.2021 13.30 h |
FC21031 |
Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación |
25 |
12 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial |
4 e 5 de novembro das 8.30 ás 14.30 h |
5.11.2021 13.30 h |
FC21031 |
Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación |
25 |
12 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial Ourense |
18 e 19 de novembro das 8.30 ás 14.30 h |
19.11.2021 13.30 h |
FC21031 |
Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación |
25 |
12 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial Pontevedra |
25 e 26 de novembro das 8.30 ás 14.30 h |
26.11.2021 13.30 h |
FC21031 |
Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación |
25 |
12 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial Santiago de Compostela |
2 e 3 de decembro das 8.30 ás 14.30 h |
3.12.2021 13.30 h |
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación |
||||||||
FC21206 |
Comercio electrónico: a protección das persoas consumidoras |
30 |
12 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial Santiago de Compostela |
24, 25 e 26 de novembro das 10.00 ás 14.00 h |
26.11.2021 13.00 h |
Consellería de Facenda e Administración Pública |
||||||||
FC21178 |
Procedemento revisor da Administración tributaria |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
27.9.2021 ao 18.10.2021 |
22.10.2021 17.00 h |
FC21179 |
Procedemento sancionador da Administración tributaria |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
3.11.2021 ao 22.11.2021 |
25.11.2021 17.00 h |
FC21180 |
Nova aplicación de axuda á liquidación do imposto de sucesións (ALISe) |
20 |
15 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, preferiblemente persoal ao servizo da Axencia Tributaria de Galicia. |
Telepresenza |
6, 7, 8, 13, 14 e 15 de setembro das 16.30 ás 19.00 h |
15.9.2021 18.00 h |
FC21181 |
O xestor de expedientes de contratación (Plation) |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal dos departamentos de contratación ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia. |
Teleformación |
17.9.2021 ao 7.10.2021 |
14.10.2021 17.00 h |
FC21182 |
Operacións cofinanciadas polos programas operativos FSE Galicia e POEX 2014-2020 |
20 |
15 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial Santiago de Compostela |
16 e 18 de novembro das 11.30 ás 14.30 h |
25.11.2021 13.00 h |
FC21183 |
Sistema de información contable e de tesouraría (Xumco2). Descrición e funcionamento básico |
30 |
12 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Telepresenza |
14, 15, 16 e 20 de setembro das 16.30 ás 19.00 h e 21 de setembro das 16.30 ás 18.30 h |
21.9.2021 17.30 h |
FC21184 |
Sistema de información contable e de tesouraría (Xumco2). Usuario avanzado |
30 |
15 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Telepresenza |
19, 20, 21, 26, 27 e 28 de outubro das 16.30 ás 19.00 h |
28.10.2021 18.00 h |
FC21185 |
Sistema de información tributaria (Xeito) e expediente tributario electrónico |
20 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e persoal ao servizo da Axencia Tributaria de Galicia con responsabilidade no manexo do sistema de xestión tributaria Xeito. |
Telepresenza |
2, 3, 4, 8, 9, 10, 15, 16, 17 e 22 de novembro das 16.30 ás 19.00 h |
22.11.2021 18.00 h |
FC21208 |
Tratamento da información estatística e presentación de resultados empregando o software libre R |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
13.10.2021 ao 12.11.2021 |
17.11.2021 17.30 h |
FC21224 |
Introdución ás novas ferramentas de Big Data para análise de datos |
25 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. O alumnado debe ter coñecementos básicos de estatística. |
Mixto Teleformación+ Telepresencia |
Teleformación: 6 h 11, 22, 24, 25 e 29 de novembro e 1 e 2 de decembro das 17.00 ás 19.00 h |
2.12.2021 |
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda |
||||||||
FC21189 |
Construír en madeira |
30 |
40 |
Aproveitamento |
Persoal técnico (arquitectos/as ou arquitectos/as técnicos) e enxeñeiros/as ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e persoal das oficinas de rehabilitación da Administración local. |
Telepresenza |
Horario: das 17.30 ás 19.30 h outubro: 4, 6, 18, 20, 25 e 27 novembro: |
17.11.2021 18.30 h |
FC21190 |
Fundamentos de QGIS avanzado aplicado ao ámbito do planeamento urbanístico |
50 |
50 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
7.10.2021 ao 26.11.2021 |
1.12.2021 16.30 h |
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade |
||||||||
FC21051 |
Formación en materia de prevención para persoal que desempeña tarefas en estradas |
35 |
5 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que desempeñe as súas tarefas en estradas. |
Presencial |
13.9.2021 das 9.00 ás 14.00 h |
13.9.2021 13.00 h |
FC21051 |
Formación en materia de prevención para persoal que desempeña tarefas en estradas |
35 |
5 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que desempeñe as súas tarefas en estradas. |
Presencial |
14.9.2021 das 9.00 ás 14.00 h |
14.9.2021 13.00 h |
FC21051 |
Formación en materia de prevención para persoal que desempeña tarefas en estradas |
35 |
5 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que desempeñe as súas tarefas en estradas. |
Presencial Ourense |
15.9.2021 das 9.00 ás 14.00 h |
15.9.2021 13.00 h |
FC21051 |
Formación en materia de prevención para persoal que desempeña tarefas en estradas |
35 |
5 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que desempeñe as súas tarefas en estradas. |
Presencial Pontevedra |
16.9.2021 das 9.00 ás 14.00 h |
16.9.2021 13.00 h |
Consellería de Cultura, Educación e Universidade: Cultura |
||||||||
FC21194 |
A expurgación na colección das bibliotecas públicas |
25 |
12 |
Aproveitamento |
Persoal bibliotecario, técnico e auxiliar, da Rede de bibliotecas públicas de Galicia ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
Presencial Santiago de Compostela |
4 de outubro das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h 5 de outubro das 16.00 ás 20.00 h |
5.10.2021 19.00 h |
FC21207 |
Dixitalización de documentos |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
15.9.2021 ao 9.10.2021 |
14.10.2021 16.30 h |
FC21221 |
Axenda 2030 e bibliotecas: oportunidades e retos |
25 |
15 |
Aproveitamento |
Persoal bibliotecario, técnico e auxiliar, da Rede de bibliotecas públicas de Galicia ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
Presencial Santiago de Compostela |
29 de novembro das 16.00 ás 20.00 h 30 de novembro das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h |
2.12.2021 |
Consellería de Cultura, Educación e Universidade: Educación |
||||||||
FC21186 |
A mellora da convivencia e do benestar nos centros educativos |
30 |
15 |
Aproveitamento |
Persoal educador e auxiliar coidador e intérpretes da lingua de signos española da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. |
Telepresenza |
21, 23, 27, 28 e 30 de setembro das 16.30 ás 19.00 h |
30.9.2021 18.00 h |
Consellería de Política Social |
||||||||
FC21191 |
Coidados paliativos en centros residenciais de atención a persoas dependentes |
30 |
15 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial Santiago de Compostela (Cegadi) |
21, 22 e 23 de setembro das 9.00 ás 14.00 h |
23.9.2021 13.00 h |
FC21192 |
Execucións hipotecarias e desafiuzamento: análise da normativa desde o punto de vista do impacto social |
28 |
16 |
Aproveitamento |
Persoal empregado público da administración autonómica, con preferencia do persoal técnico da Consellería de Política Social e, subsidiariamente, do Instituto Galego da Vivenda e Solo. |
Presencial Santiago de Compostela |
8, 15, 22 e 29 de novembro das 16.30 ás 20.30 h |
29.11.2021 19.30 h |
FC21201 |
Aspectos conceptuais e metodolóxicos básicos para a introdución da perspectiva demográfica na actuación da Administración autonómica |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Teleformación |
25.10.2021 ao 24.11.2021 |
30.11.2021 16.30 h |
FC21202 |
Intervención socioeducativa con nenos, nenas e adolescentes con trastornos de conduta no ámbito de protección e xustiza penal xuvenil |
30 |
15 |
Aproveitamento |
Profesionais de intervención socioeducativa (educadores/as sociais, traballadores/as sociais, psicólogos/as, pedagogos/as, ..) que traballan con poboación infantil e adolescente que presenta importantes trastornos de conduta e en protección de menores e de xustiza penal xuvenil. |
Telepresenza |
20, 21, 22, 27 e 28 de outubro das 10.00 ás 13.00 h |
28.10.2021 12.00 h |
Consellería do Medio Rural |
||||||||
FC21200 |
A etiquetaxe dos alimentos |
30 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal da Subdirección de Industrias Agroalimentarias e dos servizos de Industrias e Calidade Agroalimentaria das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural. |
Presencial Santiago de Compostela |
7 e 14 de outubro das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h 8 e 15 de outubro das 10.00 ás 14.00 h 21 de outubro das 10.00 ás 15.00 h |
21.10.2021 14.00 h |
FC21203 |
Actuacións dos servizos veterinarios ante incumprimentos |
30 |
15 |
Aproveitamento |
Veterinarios/as oficiais da Consellería do Medio Rural que presten o seu traballo nas oficinas agrarias comarcais, servizos provinciais de gandaría e servizos centrais. |
Mixto Teleformación+ |
Teleformación: 3 h Telepresenza: 12 h 20, 22, 27 e 29 de setembro das 16.30 ás 19.30 h |
29.9.2021 18.30 h |
FC21204 |
O Fogga e a xestión dos fondos da PAC |
50 |
40 |
Aproveitamento |
Persoal da consellería do Medio Rural que participe en calquera das medidas financiadas con fondos Feaga e Feader. |
Teleformación |
18.10.2021 ao 23.11.2021 |
26.11.2021 16.30 h |
FC21205 |
O sector vitivinícola e o sector das bebidas espirituosas. Novidades normativas e control da calidade comercial. Procesos industriais e distintivos de calidade |
20 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal da Subdirección de Industrias Agroalimentarias e dos servizos de Industrias e Calidade Agroalimentaria das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural. |
Presencial Santiago de Compostela |
10, 17 e 24 de novembro das 10.00 ás 14.00 e 16.00 a 18.00 h 18 de novembro das 10.00 ás 14.00 h 25 de novembro das 10.00 ás 13.00 h |
25.11.2021 12.00 h |
FC21222 |
Normas fiscais e laborais nas explotacións agrarias |
25 |
20 |
Aproveitamento |
Xestores/as de axudas Feader. |
Telepresenza |
2, 4, 9, 11, 16, 18, 23 e 25 de novembro das 9.00 ás 11.30 h |
25.11.2021 10.30 h |
FC21223 |
Teledetección como fonte para obter resultados de superficies agrícolas |
20 |
20 |
Aproveitamento |
Terá preferencia o persoal da Axencia Galega da Calidade Alimentaria. De quedaren prazas vacantes, tería preferencia o resto de persoal da Consellería do Medio Rural con posto de traballo relacionado coas materias do curso. |
Mixto Presencial+ Telepresenza |
Presencial: 28, 29 de setembro das 16.30 ás 19.30 h Telepresenza: 5, 6 e 7 de outubro das 16.30 ás 19.00 h Presencial: 13 de outubro das 16.30 ás 19.30 h Presencial: 14 de outubro das 16.30 ás 20.00 h |
14.10.2021 19.00 h |
Consellería do Mar |
||||||||
FC21074 |
Formación en sistemas de información xeográfica aplicados ao espazo marítimo |
20 |
24 |
Aproveitamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Mixto Teleformación+ Telepresenza |
Teleformación: 6 h 18.10.2021 ao 28.10.2021 Telepresenza: 18 h 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de outubro das 16.30 ás 19.30 h |
28.10.2021 18.30 h |
FC21187 |
Formación en inspección pesqueira |
30 |
12 |
Aproveitamento |
Terá preferencia o persoal inspector de recente incorporación na Subdirección Xeral de Gardacostas. Resto de persoal inspector e técnico da Consellería do Mar. Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
Presencial Santiago de Compostela |
16, 17 e 18 de novembro das 9.00 ás 13.00 h |
18.11.2021 12.00 h |
FC21188 |
Identificación de especies: poliquetos: bioloxía e xestión |
13 |
30 |
Aproveitamento |
1. Persoal técnico que ocupe prazas e realice as funcións de biólogo de zona ou técnico en zonas e instalación de produción 2. Persoal técnico do CIMA que teña relación directa coa investigación e seguimento de recursos mariños. 3. Resto do persoal técnico da Consellería do Mar cuxo traballo teña relación directa cos recursos mariños obxecto do curso. 4. Resto do persoal técnico das consellerías. |
Presencial Santiago de Compostela |
1, 16 e 17 de setembro na EGAP das 10.00 ás 14.00 h 2 e 3 de setembro nos laboratorios da UDC (ver ficha) |
17.9.2021 13.00 h |
Consellería de Sanidade |
||||||||
FC21193 |
Aspectos técnicos aplicables ás inspeccións de competencia do Servizo de Inspección Farmacéutica |
20 |
15 |
Aproveitamento |
Inspectores/as farmacéuticos/as e médicos/as e subinspectores/as sanitarios/as da Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios. |
Presencial Santiago de Compostela |
22, 25 e 26 de outubro das 9.30 ás 14.30 h |
26.10.2021 13.30 h |