Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de maio de 2021, do Servicio Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a folla de aprecio fundada da Administración ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/16/198.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados e ao teren resultado infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notificase ás persoas sinaladas no anexo a folla de aprecio fundada da Administración, do expediente expropiatorio polas obras do Proxecto de construción de rotonda de acceso á EDAR de Guillarei (PO-404), de clave PO/16/198.06, no concello de Tui, porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado para compareceren neste servizo, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, e coñeceren o contido íntegro desta folla de aprecio fundada da Administración. Transcorrido dito prazo sen efectuaren a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 28 de maio de 2021

Manuel Angel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

36.0558-0010

36.0558-0010-CO1

36055A045008300000UE

Solla Aros, Ana