Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2021 pola que se comunica o inicio do procedemento de incumprimento do expediente IG206.2014.1.193.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución ponse en coñecemento da empresa con NIF 32766907A, titular do expediente IG206.2014.1.193, relativo ás axudas para microcréditos-bonificación dos custos do financiamento das microempresas titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € con fondos do ICO 2014 (Resolución do 26 de maio de 2014, DOG núm. 103, do 2 de xuño) que, con data do 28.1.2020, o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas na resolución de concesión da axuda outorgada, co obxecto de determinar o seu alcance, que podería dar lugar á revogación da axuda concedida.

O acto obxecto do presente anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Concédeselle ao titular do expediente un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto ao interesado neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica