Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2021 pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente IG204.2016.1.39 e dous máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados de que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

NIF/razón social

Programa de axudas

Data da
resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG204.2016.1.39

Lago Gómez, S.L.

Apoio financeiro ás pemes. Axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016; DOG núm. 154, do 17 de agosto)

20.12.2019

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG204.2016.1.156

77107535N

Apoio financeiro ás pemes. Axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016; DOG núm. 154, do 17 de agosto)

15.12.2020

Director xeral do Igape

Resolución declarativa de caducidade de procedemento de incumprimento

IG227.2016.1.153

Aplike Diez, S.L.

Axudas a proxectos de investimento en equipos produtivos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Resolución do 28 de decembro de 2015; DOG núm. 247, do 29 de decembro)

7.8.2019

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total