Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 404/2021 desta sección, seguido por instancia de Fernando Rodríguez Pazos contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Edificios y Obras, S.A., sobre incapacidad permanente, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:
«Que, estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Fernando Rodríguez Pazos, contra a sentenza do vinte e nove de outubro do ano dous mil vinte, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, en proceso sobre incapacidade promovido pola recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a empresa Edificios y Obras, S.A., debemos revogar e revogamos a sentenza impugnada e, estimando a demanda, declaramos que o demandante está afecto de incapacidade permanente no grao de total cualificada e, en consecuencia, condenamos a Administración pública demandada a lle aboar unha pensión vitalicia coa contía, efectos, melloras e revalorizacións que correspondan.
Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:
– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.
– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.
– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ó 37 **** ++).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».
E para que sirva de notificación en legal forma a Edificios y Obras, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 26 de maio de 2021
A letrada da Administración de xustiza


