Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 550/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elisa Rebeca Velasquez Garrido contra Mug Dolce Café, S.L., sobre ordinario, se ditou a Resolución do 27 de abril de 2021 en cuxa sentenza consta:
Resolvo:
Estímase parcialmente a demanda interposta por Elisa Rebeca Velasquez Garrido fronte á empresa Mug Dolce Café, S.L., e en consecuencia:
– Condénase a empresa Mug Dolce Café, S.L. a aboar á demandante a cantidade de catro mil novecentos cincuenta e nove euros con oitenta e dous céntimos de euro (4.959,82 euros), devindicando os xuros moratorios do 10 %.
Notifíqueselles esta resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.
Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
Publicación. Esta sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe.
Para que sirva de notificación en legal forma a Mug Dolce Café, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 27 de maio de 2021
A letrada da Administración de xustiza


