Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento 272/2020 deste xulgado do social se ditou sentenza, con data de hoxe, contra a cal se poderá interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na Secretaría do órgano xudicial.
Para que sirva de notificación en legal forma a Centro Óptico Plaza de Galicia, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 27 de maio de 2021
A letrada da Administración de xustiza


