Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30477

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de delegación de competencias para a xestión, liquidación e recadación en voluntaria e executiva así como a revisión de actos de tributos e outros ingresos de dereito público.

O Pleno da Corporación Provincial, en sesión ordinaria realizada o 30 de abril de 2021, aceptou por unanimidade a delegación do Concello da Pobra de Trives na Deputación Provincial do exercicio das competencias para a xestión, liquidación e recadación en voluntaria e executiva (ICIO só executiva), así como a revisión de actos de tributos e outros ingresos de dereito público, de conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da la Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, publícase o citado acordo nos seguintes termos:

Aceptar a delegación de competencias efectuada polo Concello da Pobra de Trives a favor da Deputación Provincial, mediante Acordo plenario do 17 de marzo de 2021, para a xestión tributaria, liquidación e recadación voluntaria e executiva (ICIO só executiva), así como a revisión dos actos ditados dos seguintes tributos e ingresos de dereito público:

– Imposto de bens inmobles (IBI).

– Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM).

– Imposto sobre actividades económicas (IAE).

– Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) en executiva.

– Taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos.

– Taxa polo abastecemento, depuración, saneamento e demais conceptos do ciclo da auga.

– A recadación dos gastos derivados de execucións forzosas.

Todo isto nas condicións recollidas no acordo de delegación do Concello da Pobra de Trives, sendo, en todo caso, de aplicación as seguintes condicións xerais:

a) O contido da delegación abranguerá o exercicio de todas as facultades necesarias para a realización da xestión tributaria, liquidación e recadación voluntaria e executiva, ditando todos os actos administrativos necesarios para a xestión dos ditos procedementos, incluída a emisión da providencia de constrinximento e resolución dos recursos administrativos contra os actos de recadación executiva.

b) Para o exercicio da competencia delegada o Concello debería remitir as oportunas certificacións da relación de debedores dos últimos catro anos para os efectos de poder iniciar a recadación en executiva, así como, en relación coas débedas anteriores aos últimos catro anos, certificación, de que as débedas non están prescritas, e indicará as diferentes datas de notificación da débeda en executiva, en relación co tributo ou ingreso de dereito público a que se refire.

c) A taxa que satisfará o Concello pola prestación do servizo de recadación en voluntaria será a resultante de aplicar ás cantidades efectivamente recadadas de padróns, liquidacións, altas e outros ingresos non periódicos o tipo de gravame único do 5 %, e a taxa pola prestación do servizo de recadación en período executivo será o 100 % da recarga de constrinximento que debe pagar o debedor tributario, conforme o establecido no artigo 6, alíneas a) e b) da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación da Deputación Provincial de Ourense. A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da dita liquidación na forma prevista no artigo 9 da ordenanza fiscal.

d) A presente delegación entrará en vigor unha vez aceptada pola Deputación Provincial e publicarase no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento. A presente delegación estará vixente por un período de catro anos, que se prorrogará tacitamente por períodos iguais de catro anos se ningunha das partes manifesta expresamente a súa vontade en contra, comunicándoo á outra cunha antelación non inferior a 6 meses antes da súa finalización ou á de calquera dos períodos de prórroga.

Ourense, 10 de maio de 2021

José Manuel Baltar
Presidente da Deputación Provincial de Ourense