Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30476

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de publicación das bases da praza de funcionario, incluída na oferta de emprego do ano 2018, de técnico de xestión de Administración xeral, polo sistema de concurso-oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 109, do 15 de maio de 2021, publícanse integramente as bases da praza de funcionario, incluída na oferta de emprego do ano 2018, de técnico de xestión de Administración xeral, polo sistema de concurso-oposición libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de dez días naturais (10) contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 27 de maio de 2021

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde