Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30475

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) en execución das sentenzas anulatorias do polígono 11. Castiñeiriño.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria celebrada o día 25 de marzo de 2021, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) en execución das sentenzas anulatorias do polígono 11 (Castiñeiriño), segundo o proxecto reformado elaborado pola Sección de Planeamento en marzo de 2021.

O presente acordo de aprobación definitiva notificarase persoalmente aos interesados, e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, o anuncio de aprobación definitiva publicarase, xunto coa normativa resultante da modificación, no Boletín Oficial da provincia.

Remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir a modificación puntual do Plan parcial no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo anteriormente transcrito poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2021

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica