Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30474

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela D-02 (antigas D11, D12, D13, D14 e D17) do Plan de sectorización do SRAU-I Outeda-Curro, Barro, Pontevedra.

O Pleno do Concello de Barro, en sesión do 26 de maio de 2021, aprobou definitivamente o estudo de detalle da parcela D-02 (antigas D11, D12, D13, D14 e D17), promovido por Distribuciones Froiz, S.A.U., co obxecto de reaxustar as aliñacións da parcela D-02 do Plan de sectorización SRAU-I Outeda Curro.

O que se publica en cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, artigo 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei, en relación co artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Contra o presente acordo de aprobación, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

Barro, 10 de xuño de 2021

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde