Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30579

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña.

Advertido erro na publicación da Resolución do 10 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 114, de 17 de xuño de 2021, é necesario realizar a seguinte corrección:

Na páxina 30398, na base terceira punto 2 do anexo I, onde di:

«O prazo de presentación será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado».

Debe dicir:

«O prazo de presentación será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado».