Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30580

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Acordo do 9 de xuño de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Advertidos erros no acordo antes citado, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 111, do 14 de xuño de 2021, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 29380, onde di:

«Infórmanse as persoas aspirantes de que o exercicio terá lugar en dúas sedes. A distribución nas distintas sedes está determinada polo número de aspirantes do proceso selectivo e polo enderezo reflectido na súa solicitude de participación, e será do seguinte xeito:

• Silleda: Feira Internacional de Silleda, Recinto Feiral, s/n, 36540 Silleda. Persoas aspirantes con enderezo fixado na súa solicitude na provincia da Coruña e noutras comunidades autónomas.

• Vigo: Instituto Feiral de Vigo, Ifevi. Avda. do Aeroporto, 772, 36318 Vigo. Persoas aspirantes con enderezo fixado na súa solicitude nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra».

Debe dicir:

«Infórmanse as persoas aspirantes de que o exercicio terá lugar na Feira Internacional de Silleda, Recinto Feiral, s/n, 36540 Silleda».