Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30735

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019.

O tribunal nomeado mediante a Resolución do 24 de setembro de 2020 (DOG núm. 196, do 28 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019,

ACORDOU:

Primeiro. Detectouse un erro na listaxe das notas do 1º exercicio nas dúas quendas (mañá e tarde), que se xerou no proceso informático de corrección, no cal non se tiveron en conta as modificacións do modelo de respostas respecto da pregunta 19 na quenda da mañá, onde pasaba a ser a resposta correcta a B no lugar da A, e da pregunta 59 da quenda da tarde (39 de promoción interna), onde pasaba a ser a resposta correcta a C no lugar da D, tal e como figuraba na Resolución do 31 de maio de 2021 publicada na páxina web.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1. da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 30 puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal o 23 de marzo de 2021 e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións no conxunto de todas as quendas, ata chegar a un máximo de 840, sempre que obtivesen un mínimo de 40 respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un cuarto dunha pregunta correcta).

Canto aos aspirantes pola quenda de promoción interna, superarán o exercicio as persoas que acaden un mínimo de 30 respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un cuarto dunha pregunta correcta).

As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Asignaráselles a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un cuarto dunha pregunta correcta). Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que lles corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Unha vez feita a nova corrección en sesións do 9 e 10 de xuño de 2021, acadaron o límite mínimo de:

– 40 respostas un total de 538 aspirantes no conxunto da quenda de acceso libre (522 libre e 16 pola quenda de discapacidade).

– 30 respostas un total de 2 aspirantes na quenda de promoción interna.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución do Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na bases II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 3 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo, modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021

Regina Martín Vidales Delgado
Presidenta do tribunal